Laboral

Convocados novos paros no sector da alimentación

Paros de 24 horas o 6 e o 7 de xuño

Paco Sarria

Ourense |

Supermercados
Supermercados | oc

Haberá novas xornadas de folga no sector da alimentación os días 6 e 7 de xuño, segundo informa a CIG despois de celebradas as correspondentes asambleas, para reclamar un convenio digno que permita a equiparación coas condicións laboráis das que goza o mesmo personal nas provincias de Coruña e Pontevedra.

O sindicato nacionalista, xunto con CCOO, UXT e USO resolveron que tra-lo fracaso da segunda mesa negociadora coa patronal, coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, a única saída é a convocatoria de folga por entender que os representantes das empresas trasladaron unha proposta “insultante” que non permite compensar a perda de poder adquisitivo.

Os paros convocados serán de 24 horas.