Deporte

A Carreira Popular de San Martiño terá novo trazado

Será o 9 de novembro sobre 10 kms

Paco Sarria

Ourense |

A Carreira Popular de San Martiño terá novo trazado
A Carreira Popular de San Martiño terá novo trazado | La Región

A Carreira Popular do San Martiño terá lugar en Ourense o nove de novembro con un novo percorrido de 10 kilómetros polas rúas da cidade.

Partirá as once da mañá da Ponte do Milenio e a meta estará na praza de Concepción Arenal.

A proba está aberta tanto a atletas conlicenza federativa como a corredores e corredoras populares e as inscripcións poden facerse ata o 2 de novembro ó través da web Carreiras Galegas, por 5 euros ata o 22 de outubro e 7 a partires de esa data.

Tamén pode realizarse unha doazón económica a favor de Afaor na pasarela de inscripción ou ó través do Dorsal 0.

A continuación da proba absoluta terán lugar as demáis, habendo unha carreira diferente por categoría con saídas cada 10 minutos.

O edil de deportes, Anibal Pereira, salientou que os últimos 3 kilómetros serán especialmente atractivos.