Sabores de Outono

O Bodegón Antiga Leitería álzase co primeiro premio no XII Concurso Sabores de Ourense

O xurado, composto por profesionais da comunicación e a cociña, reunironse no restaurante A Feria para a concesión dos premios.

Óscar Gómez

Ourense |

concurso sabores de outono | concello de ourense

O xurado profesional do XII Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Outono reunironse no restaurante A Feira para a concesión dos seus premios.

Este xurado estaba composto por Jose Luis Oliveira (fotógrafo e blogueiro gastronómico), Jose Manuel García (xornalista e director do programa radiofónico Comer e Falar ), Juan Manuel Casares Gándara, (presidente do C.R.D.O. Ribeiro) e María José Rodríguez e Óscar Vaz (Escola de Hostelería de Vilamarín). O xurado, que estivo acompañado pola edil de Turismo, Flora Moure, votou as propostas dos establecementos finalistas: A Feiriña, Adega das Caldas, Bodegón Antiga Leitería, O Comellón, Casa de María Andrea, Glabistró, Taberna O Enxebre, A Casa do Pulpo, La Estación de Loman e Sanmiguel.

Logo da súa deliberación, concédense os seguintes premios:

1º Premio: Bodegón Antiga Leitería polo seu pincho “Sugus de Outono”

2º Premio: Glabistró polo seu pincho “A Castaña e o seu zurrón”

3º Premio: A Feiriña, polo seu pincho “Souto das Táboas”