O BNG presentou enmendas ao proxecto de Ordenanza de Zona de Baixas Emisións do Concello de Ourense, anque queren deixar claro que non é o seu modelo.
Dende a formación nacionalista que a súa posición, no que atinxe a mobilidade, difire da determinación dunha ZBE específica dentro das cidades, xa que entenden que “non é razoable aplicar modelos restrictivos en función da renda per cápita das persoas”, explicou o voceiro municipal, Luis Seara.
Unha das enmendas vai na liña de manter activa a Ordenanza Reguladora de Aparcamentos máis aló do 1 de xaneiro do 2026 por entender que “son moitas as rúas que quedan fora da améndoa definida na ordenanza e que a día de hoxe contan con estacionamento regulado.