Onda Deportiva Ourense

A xornada da fin de semana en Ourense

Repasamos a xornada da fin de semana con especial atención ó fin de tempada de CD Arenteiro, ó ascenso do Ourense en Meis a 3 RFEF e a victoria de Club Ourense Baloncesto na ida da final que o pode devolver á Leb Prata

Onda Cero Ourense

Ourense | 17.05.2022 23:02

Onda Deportiva Ourense

2 RFEF

Avilés 1-1 CD Arenteiro

Empate do Arenteiro para despedir a súa primeira tempada na 2 RFEF, na que acadou o obxectivo marcado da permanencia, despois dunha gran segunda volta. O conxunto de Fran Justo despediuse sobre o céspede do Hermanos Suárez sumando un punto ante o Avilés. A primeira metade estivo marcada pola igualdade na desputa da posesión e por poucas ocasións, ata que a falta de 1 minuto para o descanso, o Avilés se adiantaba no marcador. Na segunda metade os do Carballiño deron un paso adiante e fixéronse co control do xogo e no 89 chegaba o tanto do empate, tras un centro de Victor Eimil que cazaba Sobrido para igualar a contenda e despedir a tempada con bo sabor de boca.

3 RFEF

Agrupación Deportiva Llenerense, último rival do Ourense CF para acadar o ascenso á 2 RFEF

O Ourense CF xa coñece ao seu rival na seguinte ronda de competición, que será o Llerenense extremeño. Os ourensáns actuarán como locais e parten desta forma con vantaxe, xa que no caso de empate ao final da prórroga conseguirían o ascenso sen chegar os penaltis. O encontro será o vindeiro sábado as 22:00 horas nas Rozas.

Preferente Galicia, fase de ascenso

O Ourense gaña en Meis ó Pontevedra B (1-3) e ascende á 3 RFEF

O Ourense logrou o ansiado ascenso e regresa a Terceira División unha tempada despois de perder a categoría. Con máis de 500 ourensáns nas bancadas os de Jorge de Dios xogaron como locais e sentiron o empuxe dunha afección que non deixou de animar ao longo de todo o encontro. O Pontevedra “B” foi mellor na primeira metade e adiantouse no marcador, pero tralo paso por vestiarios o Ourense foi un vendaval imposible de deter. Raúl Melo conseguía a a igualada logo dun disparo cruzado e minutos despois chegaba o segundo cun remate de Viti a saída dun saque de curruncho. Champi fixo o terceiro e o campo de Meis xa era unha festa que culminou co pitido final e cos xogadores, corpo técnico e siareiros celebrando sobre o terreo de xogo o ascenso.

A festa da UD Ourense en Meis polo ascenso

Ás 9:45 estaban citados en Vistahermosa o primeiro equipo e aqueles que decidiron acompañar ó Ourense en Meis. Desde ese momento e ata despois de rematar o partido co filial do Pontevedra viviuse un ambiente festivo que sólo podía rematar cómo o fixo, co ascenso da UD Ourense á 3 RFEF acompañado da súa incansable afección.

Vídeo de Fica coa Bola sobre o ascenso da UD Ourense en Meis

Vilalonga 1-2 Barbadás

Vitoria importantísima do Barbadás en Vilalonga, que sumada ao tropezo do Gran Peña fai que os azulóns se asenten en postos de ascenso, collan vantaxe cos perseguidores e dependan deles mesmos para dar o salto de categoría. Isma Martínez adiantaba aos de Agustín Ruíz no minuto 32, pero o Vilalonga igualaría de penalti xusto antes do descanso. Co Barbadás volcado sobre a meta rival chegou o tanto da vitoria obra do veterán Rubén Durán que lle daba tres puntos valiosísimos a un Barbadás que apunta a ascenso ou Copa.

O domingo ás 18:00 horas o Barbadás recibe nos Carrís ó Gran Peña, o outro rival para o ascenso á 3 RFEF aínda que sen descartar ó Umia o que unha extrana combinación o podería levar tamén ó ascenso.

As contas para a segunda plaza de ascenso esta fin de semana á 3 RFEF

  • Se gaña o Barbadás por máis de 2 goles ascende a 3 RFEF
  • Se gaña o Barbadás por 2 ou menos goles dependerá de si mesmo para ascender na última xornada. Valeríalle un empate
  • Se empatan Barbadás e Gran Peña quedaría todo para a última xornada. O Barbadás tería que quitar un punto máis que o que faga o Gran Peña na última xornada ante a UD Ourense.
  • Se gana o Gran Peña en Os Carrís ascende a 3 RFEF

Umia 3-2 Verín CF

No derbi ourensán polo descenso o triunfo foi para o Velle, que tivo que sufrir ante un Polígono xa descendido. Gustavo adiantaba aos industriais no minuto 30, pero o Velle soubo sufrir e deulle a volta ao encontro na segunda metade cun tanto de Brian que conseguía igualada. Luis Vázque deulle o triunfo no 89, un gol que lles serve para seguir vivos na loita pola permanencia.

Preferente Galicia, fase de permanencia

Polígono 1-2 Velle

No derbi ourensán pola permanencia o triunfo foi para o Velle, que tivo que sufrir ante un Polígono xa descendido. Gustavo adiantaba aos industriais no minuto 30, pero o Velle soubo sufrir e deulle a volta ao encontro na segunda metade cun tanto de Brian que conseguía igualada. Luis Vázquez deulle o triunfo no 89, un gol que lles serve para seguir vivos na loita pola permanencia.

Primeira Galicia

O Antela ascende a Preferente Galicia

O Antela acadou o ascenso á Preferente Galicia despois de impoñerse na Moreira ó Sporting Carballiño (5-2). Os de Oscar Sabucedo acadaron o cambio de categoría despois dunha fase de ascenso moi igualada ata a última xornada que rematou en un domingo festivo en Xinzo de Limia.

Baloncesto

Enerparking Navarra 62-70 Club Ourense Baloncesto

Triunfo do COB no primeiro envite polo ascenso a LEB Ouro e que lle permite volver ao Paco Paz cunha vantaxe de 8 puntos. Os de Guillermo Arenas fixeron un gran encontro e foron por diante dende o comezo. Tras un primeiro cuarto moi desputado e que caeu do lado dos ourensáns, o segundo baixou o nivel ofensivo, pero os ourensáns seguiron por diante chegando ao descanso cunha vantaxe de 3 puntos. O terceiro cuarto foi clave para que o COB sumase vantaxe no marcador, xa que chegaron a porse con 14 puntos por riba antes do último cuarto. No derradeiro cuarto, Navarra apretou, o COB aguantou e consigue unha renta de 8 puntos para defender na volta. Dukanovic e Lasenbergs con 15 puntos e Carter con 14, os máis destacados do COB.

O sábado a partir das 18:00 partido definitivo para o ascenso á LEB Prata

O sábado agárdase que o Pazo Paco Paz esté practicamente cheo para o último partido da tempada e o que pode dar o ansiado ascenso cobista. Club Ourense Baloncesto será equipo de Leb Prata se gaña o partido ou se perde por unha diferencia inferior ós 8 puntos.

Solgaleo Bosco Salesianos acada a permanencia

O Solgaleo Bosco Salesianos remataba a tempada hai xa unhas semanas nunha meritoria décima praza que o deixaba fóra dos postos de descenso directo pero pendente dos arrastres que se poiderán producir. Co ascenso de Tormes á Leb Prata, o Solgaleo Bosco Salesianos acada a permanencia e o vindeiro curso repetirá na Liga Eba.

Fútbol Sala

Ourense Envialia 1-4 Poio

Derrota do Ourense Envialia ante outro dos rivais directos por meterse no playoff polo título e que deixa practicamente sen opcións as ourensás que están xa a 8 puntos destas posicións con 12 por xogarse. O Poio impuxo a súa lei e o descanso xa vencía por 0-2. Na segunda metade as pontevedresas anotaron dous novos tantos e María fixo o da honra para o Envialia.

Cidade das Burgas 3-1 Rodiles

Triunfo importante do Cidade das Burgas que segue en postos de playoff a falta de dous encontros por desputar e que se desfixo dun combativo Rodiles gracias aos tantos de Ana, Sol e Clara. As pupilas de Manolo Codeso están a unha vitoria de confirmar a súa praza no playoff, xa que teñen unha vantaxe de 4 puntos co Bembrive con 6 puntos por xogarse.

Txantrea 3-1 Ourense Envialia “B”

Derrota do filial do Envialia na súa visita o Txantrea, nun encontro na que as locais foron moi superiores e impuxeron a súa lei dende o comezo. Susana marcou o tanto da honra para o Envialia B a falta dun minuto para o final e con todo xa sentenciado. As ourensás a pesar da derrota e falta de 3 partidos por xogar conservarán a categoría.

Balonmán

Chapela 36-30 Carnes do Ribeiro

Derrota do Carnes do Ribeiro no último encontro da tempada e nun partido no que xa non se xogaba nada, despois de alcanzar a permanencia no encontro disputado entre semana. Os do Ribeiro salvaron a categoría por un punto e seguirán unha tempada máis en categoría nacional. O conxunto adestrado por Felix Mojón despediu a competición cunha derrota ante un colista que foi superior e nun encontro no que os ataques impuxéronse as defensas.