Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

A xornada no deporte ourensán da fin de semana

En Onda Deportiva Ourense repasamos a fin de semana no máis destacado do deporte de Ourense

Onda Cero Ourense

Ourense | 13.12.2021 12:53

Onda Deportiva Ourense - Polideportivo

Baloncesto

Club Ourense Baloncesto

Club Ourense Baloncesto 63–74 Zornotza Taldea

Segunda derrota da tempada dun Hereda Club Ourense Baloncesto que afrontaba un choque entre rivais directos ante un Zornotza Talda que con este triunfo sitúase en solitario na táboa clasificatoria. Os ourensáns comezaron mal o encontro, permitindo puntos fáciles do rival e errando en ataque. Taldea remataba o primeiro cuarto por diante, pero o COB reaccionou e igualou o encontro antes do descanso. Os visitantes marcharían con vantaxe o final do terceiro cuarto e sentenciaron nun desastroso último cuarto dos de Armando Gómez. Destacar a Dagur Johnson con 19 puntos e Kevin Van Wijk con 14 como os mellores dos ourensáns.

No partido, o COB presentou a nova equipación adicada a Os Suaves

Bosco Salesianos Ourense

Gijón 78-71 Solgaleo Bosco

Dura derrota do Solgaleo Bosco en Gijón ante un rival directo por saír da parte baixa da táboa clasificatoria. Un partido moi igualado e no que os ourensáns non perderon a cara, a pesar de ir por detrás durante gran parte do encontro. Os locais meteron a directa no último cuarto e acabaron levando o triunfo con comodidade. Destacar Kouadio con 24 puntos e Chapero con 17.

Codigalco Carmelitas

Codigalco Carmelitas 68-59 Seis do Nadal

Noveno triunfo da tempada do Carmelitas, que se impuxo no derbi galego ante o Seis do Nadal por 9 puntos de vantaxe. As de Suso Garrido xogaron un gran encontro no que foron dende o comezo superiores o rival, especialmente nun gran primeiro cuarto. A pesar de que as viguesas apretaron e marcharon o descanso con vantaxe, as ourensás foron mellores no terceiro e último cuarto e fixéronse co triunfo.

Fútbol Sala

Ourense Envialia

Poio 1-3 Ourense Envialia

Triunfo das ourensás no derbi galego da primeira feminina, nun encontro na que as locais se adiantaban na primeira metade, pero na que as pupilas de Gonzalo Iglesias Morenin déronlle a volta na segunda metade con tantos de María Arias, Judith e Chiky

Ourense Envialia B e Cidade das Burgas

Ourense Envialia B 1-5 Cidade das Burgas

Triunfo do Cidade das Burgas no derbi ourensán da segunda feminina. As de Manolo Codeso tomáronse a súa vendetta deportiva logo de quedar fora na Copa da Raíña fronte o primeiro equipo do Envialia. Dous tantos de Nespereira, un de Clara, outro de Aroa e un último de Sol déronlle o triunfo as verdibrancas, Sandra anotou o tanto do Ourense Envialia.

Sala Ourense

O Parrulo B 2-2 Sala Ourense

Empate do Sala Ourense nun encontro no que se lle escaparon dous puntos, logo dunha mala primeira metade. Os locais adiantáronse no minuto 4 por mediación de Chesky, que faría o 2-0 no minuto 31. Cando todo parecía perdido chegaron os tantos de Allariz e Guerra no 36 e 38, o que permitiu os de Óscar Vivián rescatar un punto.

Rugby

Campus Ourense

Zarautz 17-21 Campus Ourense

Cuarta vitoria da tempada para o Campus Ourense, despois do parón da pasada semana. Os ourensáns tiveron enfronte a un rival directo e moi complicado, que vendeu cara a súa derrota. Os de David Monreal estiveron moi ben a nivel defensivo e transformaron varios ensaios clave para sumar o triunfo.

Balonmán

Carnes do Ribeiro

La Laguna 25-26 Carnes do Ribeiro

Triunfo importante do Carnes do Ribeiro en terras canarias, nun encontro moi igualado, no que se chegou ao descanso con dous tantos de vantaxe para os de Ribadavia. Na segunda metade os de Felix Mojón chegáronse a por 4 arriba a falta de 7 minutos, pero os locais apretaron ao final e os ourensáns levaron o triunfo gracias a un tanto final de Celso Sotelo, máximo anotador con 9 tantos.

Voleibol

Aceites Abril Voleibol Ourense

Aceites Abril CV Ourense 0-3 Alter Cisneros

Segunda derrota da tempada das de Pablo Pérez, que foron sorprendidas por un rival que comezou levando o primeiro set por 22-25, no segundo venceron con superioridade por 14-25 e a dinámica repetiríase no terceiro onde venceron 15-25 para levar o triunfo.

E tamén ... fútbol