Os clubs Pavillón acadaron un total de 39 medallas nas dúas modalidades nas que competiron (Rítmica e Trampolín), pechando así unha excelente tempada no nivel escolar que augura unha sólida base deportiva de futuro.
Foron un total de 124 ximnastas participantes entre as dúas modalidades pertencentes aos clubs Pavillón Ourense e Escola Pavillón durante estes meses de Copa Deputación, ademáis de máis de un centenar de ximnastas de rítmica de nivel escolar que realizaron os seus exercicios de exhibición durante as tres fases desta Copa cada vez máis multitudinaria e con mellor nivel, na que participan as seguintes escolas provinciais:
· XIMNASIA RÍTMICA: Escolas Deportivas de Barbadás, Xinzo de LImia, Celanova, Maceda, C.D. Rítmica Verín, Club Deportivo Miraflores, Club Marusia, Club Ximnasia Pavillón Ourense e Club Ximnasia Escola Pavillón.
· XIMNASIA EN TRAMPOLÍN- Escolas Deportivas de Barbadás, Club Burgas, Club Ximnasia Pavillón Ourense e Escola Pavillón.
Ximnasia Rítmica
Na modalidade individual houbo un total de 11 participantes pavillonistas que se fixeron con 9 medallas. Tres deles foron ouros (Carla Camino Méndez en categoría prebenxamín, Olivia Currás Conde en categoría benxamín e Alexandra González López en categoría infantil)
Na modalidade de conxuntos foron 13 os conxuntos que participaron obtendo medalla 9 deles e situándose todos en postos cercanos a podium. Cinco destas medallas foron ouros, obtendo así o título de Campións da Copa Deputación con cinco das sete categorías de competición.
Os resultados por categorías e modalidade de competición foron os seguintes:
A. INDIVIDUAIS:
a. Iniciación: 1 prata
b. Prebenxamín: 1 ouro e 1 prata
c. Benxamín:1 ouro
d. Alevín: 1 prata, 1 bronce e 1 sexto posto
e. Infantil: 1 ouro e 1 prata
f. Senior. 1 prata
B. CONXUNTOS:
a. Iniciación: 1 ouro
b. Prebenxamín: 1 ouro e 1 cuarto posto
c. Benxamín:1 ouro
d. Alevín: 1 prata e 1 quinto posto
e. Infantil: 1 ouro, 1 prata, 1 cuarto e 1 quinto posto
f. Cadete: 1 ouro
g. Senior. 1 prata e 1 bronce
Todos estes conxuntos despedirán o curso o mércores día 5 de xuño na Cancha Central dos Remedios, xunto cos grupos de rítmica que o Escola Pavillón ten na cidade.
Ximnasia Trampolín
Os clubs pavillonistas levaron en total 21 medallas das cales 6 foron ouros 7 pratas e 8 bronces.
Benxamín masc:
Xan Del Prete Rodríguez: prata en MT e ouro en TUM
Xabi Carballo Gómez: bronce en Minitramp e bronce en tumbling
Alevín fem:
Yanett Fariñas Fernández: prata en Minitramp
Julia Formoso Fernández: bronce en Minitramp
Alevín masc:
Izan Calviño García: ouro en Minitramp, bronce en Tumbling
Xoel Barcia Da Costa: Prata en Minitramp
Mauro Pereira Bermúdez: Bronce en Tumbling
Anxo Vázquez Rodríguez: bronce en Tumbling
Infantil fem:
Laura Fernández Fernández: bronce en minitramp, prata en Tumbling
Infantil masc: Marco Echevarría Carreiro: ouro en tumbling
Cadete fem:
Alba Fernández Fernández: bronce en MinitrampT
Cadete masc:
Alexandre González Sotelo: prata en Minitramp, ouro en tumbling
Xuvenil fem:
Eva Miranda Fernández: ouro en Minitramp Xuvenil masc:
Daniel Rodríguez Pérez: ouro en Minitramp
Absoluta fem:
Uxía Miranda Fernández: prata en Minitramp, prata en Tumbling