Onda Deportiva Ourense - Fútbol

Repaso da xornada no fútbol ourensán da fin de semana

Analizamos a última xornada no fútbol ourensán e a previa da seguinte

Onda Cero Ourense

Ourense | 22.03.2022 11:15

Onda Deportiva Ourense - Fútbol

Segunda Federación

CD Arenteiro 1-0 Bergantiños FC

Importante triunfo dun Arenteiro que segue medrando e escapando da parte baixa da táboa, achegándose incluso aos postos de playoff de ascenso que xa os ten a tan só 3 puntos. O encontro estivo marcado pola intensidade e a igualdade, pero no minuto 17 os do Carballiño asestarían o golpe que ao final sería definitivo. Adrián Cruz centrou e Marquitos de cabeza conseguía adiantar aos de Fran Justo. Tralo gol, os locais deron un paso atrás e reforzáronse en defensa impedindo as acometidas do Bergantiños. Xa na segunda metade chegaron as mellores ocasións dos visitantes, pero Diego García evitou o empate e os 3 puntos quedaron en Espiñedo.

Terceira Federación

Polvorín 2-0 Atlético Arnoia

Derrota dun Arnoia que non consegue sumar 3 puntos que os acheguen a zona de salvación e que cada vez se atopa máis condenado ao descenso. Desta vez a empresa era difícil ante un dos favoritos ao ascenso, o Polvorín, que foi superior e obrigou ao meta Gándara a intervir en numerosas ocasións para evitar que a goleada fora maior. Ao final dous tantos encaixados e os tres puntos marcharon a Lugo.

Ourense CF 4-0 UD Somozas

Vitoria incontestable do Ourense CF ante un rival directo na loita pola primeira praza ao que golearon sen oposición. Tras 25 minutos no que o encontro estivo igualado, os locais comezaron a impor a súa superioridade e tras varios avisos, Gabri Palmás acadaba o 1-0 para os ourensáns. Amín faría o segundo xusto antes do descanso, un golpe do que o Somozas xa non se recuperou. Trala reanudación e tras varios avisos Tiago faría o terceiro ao rematar un centro de Jerín e o propio Tiago anotaría tamén o cuarto que lle da ao Ourense Cf tras valiosos puntos para seguir vivos na loita pola primeira praza.

Sofán 1-2 CD Barco

Triunfo do Barco que foi de menos a máis no campo do colista o Sofán, que se adiantou no marcador ao comezo da segunda metade, despois dunha primeira metade sen grandes ocasións nin un dominador claro. Os de Valdeorras tardaron 20 minutos en responder, pero para entón xa dispuñan da posesión e ocasións. David Álvarez igualaba a contenda e xa no último suspiro un tiro libre executado por Manu permití aos de Javi Rey levar o triunfo e os 3 puntos para seguir en postos de playoff.

Preferente Galicia

Barbadás 1-2 Polígono

Triunfo do Polígono no derbi provincial nun partido no que os industriais sairon máis motivados co seu rival, que xa tiña asegurada a segunda praza. Iago Varela adiantaba ao Barbadás aos 15 minutos de xogo, pero o Polígono recompúñase rapidamente e conseguía igualar 7 minutos despois por mediación de Gustavo. O propio Gustavo faría o segundo dos de Emilio Padrón que suman 3 puntos e amosan que aínda teñen moito que dicir na segunda fase.

Mondariz 1-1 Verín CF

Empate do Verín que desaproveitou en Mondariz unha boa oportunidade para rematar terceiro na táboa e que rescatou un punto no último minuto gracias a un tanto de Xoel. Os locais adiantáronse no marcador e o Verín tivo que pelexar por igualar a contenda e conseguiuno no último suspiro. Os verinenses rematan deste xeito cuartos e xogarán polo ascenso.

Velle 2-0 Caselas

Vitoria do Velle no seu último encontro desta primeira fase e co que os de Peluso rematan cun bo sabor de boca, aínda que antepenúltimos na táboa polo que terán moito que loitar para salvar a categoría. Un tanto de Sergio Rodriguez ao pouco do comezo e outro en propia porta cando se encaraba a recta final de encontro foron suficientes para que o Velle sumase os 3 puntos.

Cultural Areas 2-1 Nogueira

Derrota do Nogueira no último encontro da primeira fase e no que plantou cara o Cultural Areas, un dos rivais que pelexará polo ascenso. Os locais adiantábanse aos 4 minutos de penalti, pero Iván Otero conseguía a igualada no minuto 21. Seis minutos duroulles a ledicia aos de Bruno Gómez, xa que o Areas volvía porse por diante e o marcador xa non se movería. Os da Tella pasan 4 a fase pola permanencia.

O Ourense descansaba esta fin de semana.

Fase de ascenso a terceira federación

A vindeira fin de semana comenza a fase de ascenso a terceira federación coa participación de 3 equipos ourensáns (Ourense, Barbadás e Verín).

Fase de permanencia en Preferente Galicia

A vindeira fin de semana tamén comenza a fase de permanencia con outros 3 equipos ourensáns (Nogueira, Velle e Polígono).

Fútbol Femenino

Gondomar 0-16 EFF Rosalía

Vitoria sen paliativos da EFF Rosalía na súa visita ao Gondomar e no que supuxo o debut de Pere Tobaruela ao fronte do conxunto pontino, logo de que Miguel Saa abandonase a nave do Rosalía. O encontro foi dominado de comezo a fin polas ourensás que ao descanso xa vencían por 0-7 gracias aos tantos de Fara, Maria Feijóo, 3 goles de Noa e 2 de Lidia. Tralo descanso chegaron máis goles obra de Laura, Noa, Lidia, Fara, 2 de Victoria, 2 de Silvia e outro tanto en propia porta. Un triunfo que mantén as ourensás en terceira posición a 3 puntos do segundo e 7 do líder.

E tamén ... Polideportivo