Un novo desafío no que o equipo quere contar, unha vez máis, co apoio da súa afección. Porque cada paso no camiño faise máis forte cando o Paco Paz latexa xunto aos nosos.
Retirada de entradas
As entradas xa están dispoñibles nas oficinas do Paco Paz.
As persoas que teñan ou merquen a bufanda oficial desta tempada (calquera dos dous modelos) deberán recoller alí a súa entrada gratuíta. Do mesmo xeito, os menores de 16 anos tamén deberán retirar a súa entrada nas oficinas.
Os prezos para o resto de afeccionados son:
Maiores de 25 anos: 8 €
De 15 a 25 anos: 5 €
Desde o club queren agradecer o apoio dos socios e de toda a xente que acuda a este partido.

