O oncólogo que exerce no hospital xeral de Santiago de Compostela dixo tamén que salvo en casos moi puntuais, os servizos oncolóxicos galegos están preparados para aborda-la demanda anual de casos. Asemade valorou a importancia da prevención e os avances previstos neste senso, botando de menos unha maior implicación das autoridades políticas en relación co consumo de tabaco, especialmente entre os máis xóvenes.
