Os grupos da oposición están en contra da construción da fonte ornamental que o alcalde de Monforte anunciou para o Parque dos Condes. Coinciden en cualificala de innecesaria dende o PP, BNG e Esperta Monforte, escoitamos aos voceiros explicando os motivos. O BNG leva ao Congreso a través do deputado Néstor Rego a necesidade de restablecer o tren nocturno das 23 horas entre Ourense, Monforte e Lugo. Explica os perxuizos desta supresión. E todo preparado para celebrar o Castañazo Rock en Chantada que celebra XX anos de historia. Repasamos programa de actividades con Ana Lage, integrante da comisión organizadora. Falamos tamén con Cristina Domínguez, concelleira de cultura do concello de Pantón onde celebran este venres o Samaín cunha festa e teñen outras actividades programadas que con ela repasamos. Recollemos balance do Foro Territorios Patrimonio conversando co director, Carlos Montilla e no gabinete xurídico deste xoves, Hector Silva repasa que se considera roubo con forza.
