Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 28/11/2025

Programa completo do 28/11/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

A Cooperativa Lemos celebra asamblea de socios presentando unha facturación que ronda os 135 millóns de euros de facturación incluíndo cooperativa e Celega. Datos que repasamos conversando co xerente, José Manuel Rodríguez. Campaña masiva de vacinación fronte á gripe este sábado no Hospital Comarcal onde hai citadas un millar de persoas de toda a área sanitaria da franxa de idade de 60 a 69 anos. Unha campaña da que falamos con Inmaculada Ramos, directora do Hospital. Conversamos tamén co foto xornalista monfortino Manuel Valcárcel, que ten ata marzo colgada unha exposición en Santiago, no Museo das Peregrinacións, sobre o Kumbh Mela, considerado o maior encontro relixioso do planeta. Tempo tamén para repasar outras novas que forman parte da actualidade máis próxima.