Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e co espazo "Facendo Empresa" que adicamos hoxe ao Centro Artístico É Ribeira Project que veñen de abrir en Monforte Alba Cantanero e Alicia Dapena. Con elas falamos deste proxecto. Disconformes coa xestión da Comunidade de Regantes do Val de Lemos, piden cambios un grupo de propietarios que reclaman tamén concentración parcelaria entre outras cuestións que repasamos con algúns deles, Javier Monterde, Mariano Sánchez, Manuel Soto e José Luis García. Conversamos tamén co alcalde de Monforte ao que, entre outros asuntos, preguntamos polo peche do chiringuito que dende fai máis de 60 anos abría no verán no Paseo do Malecón ao carón do río Cabe. O Anchoas foi sancionado pola CHMS e non volverá a abrir.