Abrimos co repaso á información máis próxima e no espazo adicado ao sector vitícola ademáis do técnico Alfonso Losada, conversamos tamén con Alfonso Ribas director de Innovación e Investigación da Fundación Juana de Vega, repasamos proxectos que teñen en marcha para reducir residuos. Rubén Gutiérrez, PEITOECURO, segue presentando cancións do que será o seu primeiro disco, hoxe falamos do segundo tema que da a coñecer, de Metamorfose. Co xerente do CCU, Ángel Folgueira, repasamos iniciativas de promoción do comercio local e falamos tamén de taekwondo, resultados e novas citas para os deportivas do Neka, co adestrador, José María Vega.
