Sin sorpresas no pleno de onte en Monforte aínda que José Tomé Roca xa non está no PSOE segue contando con este grupo para sacar adiante propostas como a súa propia dedicación exclusiva. Recuperamos intervencións do pleno sobre este asunto nun programa que abrimos conversando co enólogo Iván Olmedo acompañados do técnico Alfonso Losada. De volta de Fitur facemos balande da actividade alí realizada polo Consorcio Turístico da Ribeira Sacra conversando coa xerente Alexandra Seara. Entre outros asuntos falamos tamén do Campionato Galego de Taekwondo que vén de celebrarse en Monforte e no que o Neka foi proclamado Campión Galego por terceiro ano consecutivo.
