Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando con María Díaz, monfortina que fixo de intérprete no Cumio do Clima en Brasil e con ela falamos desta experiencia. O Trícole mantén a tradición dos Cantos de Reis por terras soberinas e delo falamos con Alfonso Campos, un dos fundadores e integrante deste grupo que conta xa con 28 anos de historia. E todo preparado en Quiroga para celebrar Mercado de Nadal esta fin de semana, unha proposta da que nos fala o alcalde José Luis Rivera.
