A Feira Outrora ten xa cartel é o finalista dun concurso que repasamos co rexedor de Bóveda que confirma obras de mellora no Centro Socio Cultural para este verán, entre outros asuntos que repasamos con José Manuel Arias. E noutro concello, no de Pantón, veñen de presentar as Xornadas do Románico que cumpren 36 anos e que repasamos co alcalde José Luis Álvarez. Falamos das novidades educativas do IES Daviña Rey de cara ao próximo curso, e fai balance deste a directora Raquel Arias. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima tempo tamén para o gabinete xurídico de AV10, Javier Leiro fálanos de incapacidades laborais.