Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando con Begoña Álvarez, profesora do Departamento Téxtil do IES A Pinguela que amplía oferta educativa con novos ciclos de cara ao próximo curso. Un grupo de veciños do Barrio da Fonte de Caneda traballa na recuperación da Romaría de San Paio que van celebrar este sábado. Falamos con Luis Rodríguez e con Fredy Díaz, membros da comisión organizadora. E que se aumente a contía das axudas que para festas dos barrios e parroquias consigna o concello, será unha das iniciativas que leve ao próximo pleno Esperta Monforte. Repasamos esta e outras iniciativas conversando co voceiro desta formación política, Jaime Vázquez. Entre outros asuntos temos cita tamén coa odontóloga María José Martín Díaz.
