Viño, música, petiscos e exposición micolóxica nunha nova edición de Saborea e Canta o Outono que organiza a Asociación de Hostalería na Praza de Abastos e que repasamos con Beatriz Vila. A escritora Abril Camino presenta este venres en Monforte a novela pola que vén de recibir o Premio Xerais, "Mulleres que viven xuntas", e del falamos coa autora. Conversamos tamén con Kati Varela, voceira do PP que presenta as iniciativas que leva ao pleno que o luns vai celebrar a corporación monfortina e entre outros asuntos, falamos de atletismo con Rubén Castro, adestrador do Club A Gándara que fai historia este domingo con sete atletas participando no Campionato de España de Cross que se vai celebrar en Burgos.
