Monforte acolle hoxe unha xornada sobre turismo do Eixo Atlántico foi presentada pola tenente alcalde Gloria Prada e o secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao que falan dos obxetivos da iniciativa. No espazo que adicamos ao sector vitivinícola repasamos tratamentos que se deben aplicar nas viñas onde o tempo que nos acompaña favorece a aparición de enfermidades. Afondamos nesta cuesión cos técnicos Alfonso Losada e Cristina Novoa. Esperta Monforte segue reclamando reorganizaciñón do tráfico na contorna da ponte medieval para que pase a ser peonil. Desta e outras iniciativas falamos co voceiro da citada agrupación, Germán Vázquez. E poñer en valor a contorna do túnel romano de Montefurado é o obxetivo do convenio asinado hoxe entre o concello de Quiroga e a CHMS, un proxecto valorado en máis un millón de euros que repasamos co presidente da Confederación, José Antonio Quiroga. E un ano máis a ANPA do Colexio Novo vén de celebrar o Día da Biclicleta. Unha xornada de confraternidade que repasamos coa presidenta, Lucía Vázquez.
