Este venres arranca en Ferreira o TRECE ROEIS FEST. Estrea data e conta cun amplo programa de actividades que repasamos con Miguel García. 80 refuxiados atende en Monforte a ONG Provivienda que prepara un acto de confraternidade coa veciñanza para este venres no Parque dos Condes. Falamos da iniciativa con Raquel Iglesias. Visita Monforte a secretaria xeral do PPdG, Paula Prado que reclama ao alcalde, en calidade tamén de presidente da Deputación, que se pronuncie sobre os casos de corrupción que afectan a cargos do PSOE, tendo en conta que está baixo sospeita de amaño, algún dos contratos para facer obras no corredor ferroviario entre Monforte e Lugo. Despois de 5 anos de experimentos está xa no mercado un vermú elaborado pola adega Val da Lenda que vén de recibir xa varios premios que repasamos con adegueiro Victor Manuel Rodríguez. Repasamos outras novas da actualidade máis próxima e como cada xoves toca tamén gabinete xurídico con Héctor Silva de AV10.