Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando con Tamara Castro sobre o documental que con David Vázquez, vén de presentar sobre as gallegas de Xián. Falamos con Manuel Leiras Camino que co traballo de Fin de Máster sobre o regadío Val de Lemos vén de acadar a máxima calificación e proposta para Matrícula de Honra na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. E Monforte acollerá en xullo o I Campionato de Europa de Pitch & Putt individual, falamos del con José Ángel Pérez Reñones, presidente do Club de Golf Río Cabe. Entre outros asuntos, temos tamén como cada xoves, gabinete xurídico con AV10, e Javier Leiro repasa sentencias relacionadas coa desconexión dixital.
