Esperta Monforte súmase ao grupo municipal do PP e leva ao pleno do día 29 unha moción reclamando que José Tomé Roca presente a súa dimisión como alcalde e renuncie a acta de concelleiro, tamén piden que dimita a concelleira de igualdade por "inacción e deixación de funcións" antes situación no ámbito das súas competencias, entre outros puntos que repasa Germán Vázquez, voceiro da citada formación política. Aos Festivais de Nadal que celebran estes días nos centros educativos, súmanse outras actividades como a recollida de xoguetes, ou a operación quilo para colaborar con Cáritas, ou saída ás rúas para cantar panxoliñas ou visitar os centros de maiores, como promoven dende o Colexio dos Escolapios, actividades que repasamos co directora Estefanía López. Con José Vicente Barcía, coordinador do Proxecto Gardabosques, falamos da repoboación que proxectan facer este sábado no entorno do lugar da Barca, no concello de Sober. Falamos tamén con Xosé Gago, o que fora técnico de cultura do concello de A Pobra que vén de publicar o seu primeiro poemario e entre outros asuntos, adicamos o gabinete xurídico de AV10, ao acoso sexual e repasa normativa Héctor Silva.
