Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 18/06/2025

Programa completo do 18/06/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

O alcalde de Monforte José Tomé Roca anuncia melloras en varias rúas da cidade. Intervencións presupostadas en máis de 400 mil euros repasamos cales son. O BNG pide árbores para a contorna da gardería municipal, explica os motivos o voceiro do grupo municipal Emilio Sánchez. Preparadas as Xornadas Divulgativas do Camiño de Inverno que promove a Asociación de Amigos do Camiño pola Ribeira Sacra. A primeira delas será este sábado. Repasamos esta e outras actividades que teñen organizadas, coa presidenta, Ana Bernárdez e o tesoureiro, Manuel Eiriz. Entre outros asuntos, repasamos tamén actividade de Cáritas con Mari Freire, celebran este xoves o día da Caridade instalando mesas petitorias en diversos puntos da cidade. E adicamos o espazo "Facendo Empresa" a dous emprendedores, Rubén Díaz e Diego Blanco, que levan uns meses á fronte de REDauto.