Exitoso desfile de entroido o celebrado onte en Monforte, fai balance do mesmo o alcalde, e conversamos con representantes dalgúnhas das comparsas de Monforte e foráneas, Sonia González de Ribeira Sacra Fest II, Marta Díaz da ANPA A Lagoa do CEIP Monforte e Carlos Sampedro da ANPA do CEIP Asunción de Sarria. Moita participación tamén no desfile de O Saviñao, segundo conta o rexedor local do citado concello. Conversamos con Candido Pazó que dirixe a adaptación teatral de "Memorias dun neno labrego" que se representa este xoves en Monforte e entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima, conversamos tamén con Fernando Prada, director da Residencia de Bóveda onde xa remataron as obras de ampliación e prepara apertura dese novo bloque.
