O Chef Rafa Centeno será o pregoeiro da Feira do Viño de Amandi en 2026. Asegura estar encantado e o alcalde Luis Fernández Guitián considera que despois de ser recoñecido coa Estrela Michelín, "a designación estaba clara". O concello de Pantón cede ao Sergas a parcela na que se vai construir o novo Centro de Saúde, un paso máis no proceso previo a licitar as obras, asegura o alcalde José Luis Álvarez. No Saviñao, preparan chocolatada para esta fin de semana na que recibirán en Escairón a Papá Noel, co alcalde Carlos Armesto falamos tamén dos convenios que este venres vai firmar coa CHMS. Convovcado pleno do CRAEGA para o luns día 29, o SLG piderá que se aborde o conflicto laboral que esta entidade arrastra dende que este verán trasladaron a sede a Lugo. Este sindicato pide que se manteñan oficinas en Monforte aínda que a central esté na capitalidade provincial. Unha proposta que nos explica a nova Secretaria Xeral María Ferreiro. Entre outros asuntos, hoxe toca o espazo Facendo Empresa que adicamos a un novo comercio que vén de abrir as súas portas en Monforte e que rexenta Rosi Rodríguez, "Tempo de Teas".
