Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 17/11/2025

Programa completo do 17/11/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Repasamos novas da actualidade máis próxima e a primeira conversa será co cociñeiro Martín Mantilla, o seu restaurante, Berso, vén de ser incluído na Guía Michelín. Para este venres día 21 a Asociación O Colado do Vento prepara un Foro sobre os incendios forestais, danos que ocasionan e traballos que se deberían realizar para evitalos. Unha iniciativa da que falamos con Alfonso Campos, presidente da Asociación promotora. Temos tamén cita coa ortodoncista Beatriz Iglesias para seguir mellorando a saúde bucodental e tempo para información deportiva, repasamos resultados dos partidos disputados na fin de semana e tamén de taekwondo co adestrador do Neka, José María Vega que esta fin de semana clasificou a 29 deportistas para a final da Copa Deputación que se vai celebrar o 13 de decembro, antes 29 e 30 teñen campionato en Austria.