Cada vez son máis as voces que piden a dimisión de José Tomé Roca como alcalde de Monforte, niste caso súmase tamén o sindicato CIG, falamos con Antón Rodríguez Prieto, responsable de administración local no citado sindicato. Amplíase o Muferga cunha nova sala expositiva e aproba presuposto e proxectos para 2026. Repasamos datos conversando con Luis Blanco, director da entidade. O taekwondo monfortino segue recollendo medallas a nivel nacional e atonómico, co adestrador José María Vega, repasamos resultados. Na recta final tempo tamén para o fútbol local e cita coa odontóloga María José Martín, para falar de saúde bucodental na poboación infantil.
