Arden dúas casas deshabitadas en Castroncelos no concello de A Pobra do Brollón, un suceso do que falamos co alcalde Xosé Lois Maceda. AGADER apoiará con formación e asesoramento aos finalistas do Concurso de Proxectos Empresarias Semente Ribeira Sacra, cóntanos como a directora xeral Paz Rodriguez. José María Vázquez é o responsable de doazón de ADOS e aproveitando que este venres recollen doazóns en Monforte, repasamos datos desta zona. E volve o ciclo de viño, gastronomía e música en directo na adega Via Romana. Concerto este venres de Javier Ojeda abrindo as "Noites Méndez-Rojo" das que repasamos obxetivos co xerente do grupo Juan Luis Méndez. Con María Barrado, falamos da exposición que vén de inaugurar en Monforte e do primeiro libro de poemas que presentará tamén nesta cidade. Con Almudena Vázquez e Raquel Iglesias repasamos actividade de Provivienda e a campaña de recollida de bicicletas usadas que teñen en marcha. E como cada xoves temos cita co gabinete xurídico de AV10 e con Héctor Silva falamos de agresións sexuais e consentimento a raiz dun caso no que lle tocou participar.