Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando co director David López que presenta aos Mestre Mateo unha curta sobre os pobos asolagados polo encoro de Belesar e as súas xentes. Prepárase o inicio das obras de reforma do Parador de Turismo de Monforte que obrigan a pechar este establecemento ata o día 31 de maio. Rematou o 2025 cunha media de ocupación anual do 80%. Datos que repasamos coa directora Ester González. Falamos tamén co Doutor Víctor Manuel López Mouriño da folga que manteñen os médicos reclamando mellores condicións laborais e que pode convertirse en indefinida a partir do día 2 de febreiro. Entre outros asuntos, repasamos con Javier Leiro de AV10, normativa relacionada coa realización de horas extraordinarias, no espazo que cada xoves adicamos ao ámbito xurídico.
