Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 14/11/2025

Programa completo do 14/11/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Concentración convocada pola CIG diante a Residencia Domus Vi de Monforte, reclaman entre outras cousas máis persoal para atender mellor aos residentes, segundo nos conta Martín López, delegado do citado sindicato. Presentada a campaña "Monforte en Negro contra as Violencias", a concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López, repasa as actividades organizadas para conmemorar o 25N. A partir do luns día 17 os exámenes do carné de conducir serán na nova aula que para tal fin prepararon no Edificio Multiusos, cambios dos que falamos co Xefe Provincial de Tráfico, Alberto Rodríguez. Repasamos novas do concello de Monforte co alcalde José Tomé Roca, e entre outros asuntos falamos tamén dos dez anos de Alicerces que celebran este sábado, conversando con Begoña G. Aguiar, presidenta da Irmandade Cultural País do Faro que promove a citada publicación.