Repasamos novas da actualidade máis próxima e conversamos con Roberto Novo, director comercial de Autos Lemos, ata o día 17 teñen en marcha o Salón do Automóbil de Monforte e falamos del. A Conselleira de Medio Ambiente visita o Colexio de Educación Infanta Elena que participa no programa MeteoEscolas, a súa participación foi calificada de excelente. Repasamos que están facendo conversando con Laura Pérez, coordinadora da actividade no citado centro. De novo un autobús con turistas queda artrancado na estrada de Ferreira ao embarcadoiro de Santo Estevo. Preguntamos ao alcalde de Pantón, José Luis Álvarez que teñen pensado facer para evitar estas situacións. A voceira do PP de Monforte reclama do concello solución ás continuas roturas da rede de abastecemento na rúa Escultor Francisco Moure onde hoxe están de novo sen auga. 17 empresas participan no II Marida Maio que organiza a partir deste xoves a delegación sur da Asociación Provincial de Hostalería. Falamos desta proposta coa delegada Beatriz Vila. Entre outros asuntos, recollemos tamén valoración e conclusións do "Encontro de Sober" organizado por Cesuga, da coordinadora académica do evento, Miriam Gómez.