Abrimos programa co resumo dalgunha das novas que forman parte da actualidade máis próxima antes de falar da hostalería e dos cambios que o sector experimentou nos últimos 10 anos que son os que cumpre aberto o AWA, un dos locais de ocio nocturno de referencia en Monforte e comarca, falamos co seu responsable Roberto Eireos. Repasamos novas do ámbito sanitario con Inmaculada Ramos, directora do Hospital Comarcal que se prepara para celebrar os 40 anos de historia deste centro sanitario onde incremetou o número de nacementos un 24% nos últimos 5 anos, segundo recolle o balance que presenta. Por falta de persoal para cubrir vacantes por vacacións do persoal, varios Centro de Día recortaron horas de atención aos usuarios. Os representantes sindicais dos traballadores do sector reclaman actualizar as bolsas de traballo que nutren as vacantes e que aseguran estan absoletas. Catia Vázquez, é unha das delegadas sindicais que este colectivo ten nesta comarca de Lemos. Entre outros asuntos falamos tamén de taekwondo, ata unha vintena de medallas acada o Neka nos primeiros campionatos nos que vén de participar neste novo ano mentres prepara a organización en Monforte o día 24 dun Campionato Galego do que nos da máis información o adestrador José María Vega.
