Día grande das Festas do Barrio de San Antonio en Monforte que celebra hoxe festa local. Repasamos programa, historia co investigador Felipe Aira, e con Luis Aguiar encargado este ano de elaborar as preto de 600 roscas que hoxe vende a comisión de festas para recadar cartos para as mesmas. Segue crecendo o número de peregrinos no Camiño de Inverno. No que vai de ano levan atendido no Albergue Lemavo máis de 300 de 40 nacionalidades diferentes. Falamos con Juan Carlos Costoya, un dos promotores desta iniciativa. A Asociación de Veciños do Saviñao reclama o concello limpeza dos solares que hai con maleza na zona urbana. Falamos con Manuel Sarmiento voceiro desta Asociación que segue transmitindo preocupación respecto á posible implantación no municipio dunha planta de biogás. Entre outros asuntos, falamos tamén da Irmandade dos Viños Galegos, co seu presidente Nemesio Barxa, celebra este sábado xuntanza en Monforte.