Os viticultores da Ribeira Sacra solicitaron vendima en verde para 130 parcelas da DO Ribeira Sacra queda aínda concretar de canta superficie se trata, segundo nos conta o presidente do CRDORS. Unha conversa coa que abrimos o programa de hoxe. A Sociedade Filarmónica celebra este venres con ópera, 75 anos de historia. Falamos delo co presidente, Antonio Prado, acompañados tamén de Brais González, autor e compositor desta peza, "Loba Branca", inspirada nunha lenda que Vicente Risco recolleu no Courel. Falamos tamén das Xornadas Pedagóxicas que se celebran maña no Pazo de Tor, coa directora da Rede Museística, Encarna Lago, e cun dos ponentes, o profesor Bernando Penabade.