Tras cinco campañas arqueolóxicas levadas a cabo dende 2021 no xacemento de Penas do Castelo, prepárase para este sábado unha visita guiada para dar conta dos achados e das conclusións polas que hoxe preguntamos ao arqueólogo Benito Vila, director das citadas intervencións. O grupo municipal do PP de Monforte reanuda o próximo luns as reunións que viña mantendo polas parroquias antes do incio do verán e preparan iniciativas para levar ao pleno do día 29 que repasamos coa voceira Kati Varela. E dende UUAA alertan sobre a posibilidade de que de novo nesta campaña quede uva sen recoller nas viñas da Ribeira Sacra, explica os motivos Carlos Basalo, responsable da área de agricultura do citado sindicato. Repasamos tamén outras novas da actualidade máis próxima.
