Operativo antidroga aberto en Monforte que remata con 8 persoas detidas. É unha das novas que repasamos da actualidade deste día no que se celebra a Feira da Rosca en Sober así que abrimos falamos co rosqueiro Moncho Álvarez que mantén a tradición rosqueira en Millán e rematamos falando con Teresa Rodríguez que fai o propio en Bulso. Tres anos despois do gran incendio do Courel, que segue sendo o máis grande da historia de Galicia, preguntamos como vai a recuperación do monte queimado ao biólogo Guillemo Díaz que guía tamén rutas na zona como unha nocturna que prepara para esta noite e pola que tamén lle preguntamos. Entre outros asuntos falamos tamén do Certame Literario convocado por Peruchela Edicións que vén de ser faiado.
