Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 12/06/2025

Programa completo do 12/06/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Segue avanzando a candidatura da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio Mundial. En outubro visitarán a zona consultores da Unesco. Foron informados alcaldes e axentes sociais do territorio nunha xuntanza celebrada esta maña en Peares presidida polo Conselleiro de Cultura, José López Campos. Entrevistámolo na recta final do programa. O grupo municipal do BNG en Monforte solicita ao alcalde reunión de voceiros con representantes de Adif e da subdelegación do goberno para analizar as reformas que se proxectan na Praza da Estación. Preguntamos sobre esto ao voceiro do BNG Emilio Sánchez e sobre a moción que levan ao pleno sobre o chiringuito do Paseo do Malecón. Falamos tamén coa historiadora Manuela Sáez, que vén de ser condecorada polo goberno italiano. Entre outros asuntos, como cada xoves temos gabinete xurídico con Héctor Silva de AV10.