Co pregón da historiadora Manuela Sáez abren hoxe as Festas de Monforte. Abrimos programa conversando con ela. Entrevistamos tamén ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que vén de adxudicar servizo gratuito de transporte público polas parroquias, un servizo pioneiro adxudico por 10 anos e cun orzamento próximo os 973 mil euros. A Ribeira Sacra segue batendo récords de ocupación sendo moi boa a previsión para a ponte do 15. Datos que repasamos con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico. Todo preparado en Sober para abrir esta tarde o VII Túnel do Viño de Amandi. Falamos deste evento co sumiller Bruno Lovelle. E declarado recentemente Municipio Starligh, Chantada prepara actividade extra para disfrutar das Perseidas ou Lágrimas de San Lourenzo dende o Monte Faro. Actividades que repasamos coa técnica de turísmo Begoña González.
