Sae a licitacitación a urbanización da denominada zona D. Traballos que vén de presentar o alcalde de Monforte, José Tomé nunha rolda de prensa que repasamos, entre outras novas da actualidade máis próxima. Nova xerencia para o Vilaboa despois de 37 anos da súa posta en marcha. Adicámoslle o espazo "Facendo Empresa" e conversamos coa nova xerente, Patricia Hurduza. O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda foi un dos elixidos pola Fundación Artesanía de Galicia para celebrar nel un obradoiro sobre oficios tradicionais. Unha experiencia, xunto a outras levadas a cabo neste curso que está a piques de rematar, que repasamos coa directora Ana de la Fuente López. De cancro de próstata e incidencia na zona, falamos co urólogo Alejandro Sousa, unha previa da charla que ten organizada para esta tarde en Monforte. Con Sara Méndez falamos dunha nova proposta, "Decantar", que mestura música, viño e gastronomía en plena Ribeira Sacra, e co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, repasamos novas de actualidade no citado concello.