Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 11/02/2026

Programa completo do 11/02/2026

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Abrimos co repaso á información máis próxima e co espazo "Facendo Empresa" que adicamos hoxe ao Balneario de Pantón, conversamos co director Santiago Villanueva. A crecida do río Sil asolaga a praia fluvial de San Clodio, unha situación que repasamos conversando co alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro. Cambios no cadro de persoal do Centro de Saúde de Monforte dos que nos da conta o coordinador do Centro, o doutor Rosendo Bugarín e entre outros asuntos falamos da tratorada que hai hoxe en Madrid onde está tamén representada esta zona sur de Lugo, Pablo González é un dos participantes na protesta con Agromuralla e representando ao sector vitivinícola.