Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 10/02/2026

Programa completo do 10/02/2026

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co espazo adicado ao sector vitivinícola que hoxe adicamos á adega Rectoral de Amandi e conversamos co enólogo da mesma Antonio Múñoz. 1,3M€ ten de orzamento o GDR Ribeira Sacra-Courel nunha nova convocatoria dos fondos Leader que repasamos coa técnica Cristina Estévez. Lucía López da Gandeiría Puluán aspira a un dos Premio Muller Rural que se van a entregar nun Congreso que se vai celebrar do 20 ó 22 en San Xoán de Río, falamos con ela desta iniciativa. E o deficiente estado no que se atopa o firme de estradas como a N120 da traballo extra aos talleres aos que chegan numerosos coches coas rodas reventadas, falamos con Cesáreo Sánchez de Euromaster Camino. A Pobra do Brollón prepara desfile de entroido para este sábado día 14 e del falamos con Marián Martínez, concelleira de cultura e turismo no citado concello. Entre outros asuntos, rematamos falando do libro "Literatura Insólita" co autor Armando Requeixo que estará este mércores en Monforte nun acto organizado pola Asociación Cultura AulaAberta.