Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos co espazo adicado ao sector vitícola, presenta novo viño Finca Míllara e falamos del co enólogo Iván Olmedo, acompañados tamén do técnico Alfonso Losada. O Tren do CCU volverá a circular por Monforte este Nadal danos máis datos da campaña que preparan para estas festas o xerente Ángel Folgueira. Sober convoca concurso á procura do cartel para a Festa do Viño de Amandi que en 2026 será a última fin de semana de marzo, e repasamos tamén co alcalde, Luis Fernández Guitián, o programa de actividades que teñen preparadas para este Nadal. E co xerente da Fundación da Nosa Señora da Antiga, Javier Agudo, falamos do novo cadro que van a incorporar aos fondos que se poden visitar na Pinacoteca. Tempo tamén para os deportes na recta final do programa.
