Drons para facilitar a vendima na Ribeira Sacra. Un proxecto pioneiro e experimental que se vai probar nesta campaña en viñas da adega Finca Míllara. Unha iniciativa da que falamos con Pablo Menéndez, xefe do proxecto ESCAI Ribeira Sacra, acompañados do técnico Alfonso Losada. Falamos con Rosana Prieto Florines, responsable comarcal do BNG e concelleira nacionalista en Pantón, unha das detidas o domingo o remate da etapa de La Vuelta. Bátese un novo récord de ocupación para o mes de agosto na Ribeira Sacra cunha ocupación media de 8.305 prazas cubertas cada día. Repasamos datos coa xerente do Consorcio Turístico, Alexandra Seara.
