Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 09/06/2025

Programa completo do 09/06/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Presentadas as actuacións das Festas Patronais de Monforte abrimos repasando cartel. Van pechando temporada as entidades deportivas, hoxe facemos balance do Club Calasancio co presidente Juan Carlos Díaz. O CCU confirma que volverá este verán a tirolina e o rocódromo a Monforte pero antes, o día 21, celebrarán a Festa de Fin de Curso con actividades que repasamos con Ángel Folgueira, xerente da entidade. Pechado o prazo para presentar ideas ao Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, repasamos propostas con Pilar López, presidenta da entidade promotora. E nace na Ribeira Sacra un novo Festival, "Colados", que se vai celebrar en Bolmente o 12 de xullo e do que falamos con Cristina Rodríguez. Entre outros asuntos que repasamos da actualidade máis próxima temos tamén cita coa odontóloga María José Martín que nos sigue ilustrando sobre saúde buco dental.