Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 08/09/2025

Programa completo do 08/09/2025

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Normalidade no inicio do curso escolar nestas terras do sur de Lugo. Abrimos visitando algúns centros como o CEIP Monforte, o Colexio dos Escolapios, o colexio de A Pobra do Brollón e o de Bóveda, cóntannos como lles foi o primeiro día. Fai valoración o alcalde do fin de etapa de La Vuelta onte en Monforte e das protestas contra Israel que remataron con 2 persoas detidas, unha delas a responsable comarcal do BNG. Do acontecido falamos co responsable local desta formación política, Manuel Luaces. A Fundación da Nosa Señora da Antiga programa novo ciclo de charlas para conmemorar o 400 anos do retablo de Moure, citas que repasamos co xerente da Fundación Javier Agudo e rematamos programa co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, preguntamos sobre a presenza dun oso que está fin de semana provocou danos nun vehículo no lugar de A Portaxe.