Repasamos novas da actualidade máis próxima e abrimos conversando con José Arias que se prepara para facer este sábado en Sober paella para 750 persoas. Unha actividade máis das Festas que se inician hoxe na capitalidade soberina. E tamén hoxe comenzan actividades previas á Festa da Castaña do Courel con degustacións que vai preparar o cociñeiro Martín Mantilla que mañá exercerá de pregoeiro e por elo falamos tamén con él. E Semente Ribeira Sacra prepárase para faiar o Concurso de Iniciativas Empresariais que convoca anualmente, con Pilar López, presidenta da asociación convocantes, repasamos iniciativa. Entre outros asuntos falamos de libros, dun que se presenta en A Pobra do Brollón falamos coa escritora e poeta Olga Novo e Rocío Rodríguez, de Peruchela Edicións, repasa os que se van presentar na Casa da Cultura de Monforte. E o BNG denuncia irregularidades na Residencia Domus Vi que relata o deputado Iago Suárez.
