A lotería de Reis deixa un petisco en Monforte e escoitamos a Laura Álvarez, responsable do establecemento onde se mercou o billete premiado. Aproveitamos para lembrar a pegada do sorteo de 2014, daquela caeran en Monforte 120 millóns de euros que serviran para poñer en marcha a Asociación Semente que prepara novo concurso para este ano e da que lembramos actividade con Severino Rodríguez ao que preguntamos tamén pola Asociación Ribeira Sacra Next. Entrevistamos tamén ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que repasa actividade de 2025 e proxectos para este novo ano mentres segue preparando estratexia de defensa tras facerse públicos presuntos abuso por él cometido e que él segue negando. Entre outros asuntos, recuperamos o espazo "Facendo Empresa" que adicamos a coñecer algo máis do proxecto que Diego Rodríguez prepara para o Hotel Hermida Rural que vai reabrir en Eirexalba, no concello de O Incio.
