Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e conversando con Jaime Vázquez, o presidente do Club Fluvial que sigue inundado e a directiva suspende a Asamblea que tiñan convocada para este sábado. Reclamando máis seguridade para o persoal sanitario a Xunta de Persoal do Hospital Comarcal convoca nova concentración para o xoves día 12, unha nova convocatoria que repasamos con Vicente Vázquez. Entre outros asuntos conversamos tamén coa voceira do BNG en Pantón, Rosana Prieto, temen que os desprendementos de terra como o que afecta a estrada de Ferreira a Santo Estevo, se repitan noutros puntos afectados polos incendios deste pasado verán. Reclaman medidas para evitar danos.
