Os viños de Amandi da última colleita pasarán á historia como os máis cálidos nunca elaborados polas altas temperaturas que acompañaron todo o ciclo da vide e a uva. Repasamos co adegueiro Diego Rodríguez, o resultado do estudo que esta adega fixo sobre esto. Presentada en Bóveda unha zona deportiva e de ocio que habilitar cun presuposto que supera os 570 mil euros, un proxecto que repasamos co alcalde José Manuel Arias. O rexedor do Saviñao, Carlos Armesto presenta as actividades que preparan para este Nadal. Repasamos previsión de ocupación na Ribeira Sacra nesta primeira ponte de decembro con Alexandra Seara, xerente do Consorcio Turístico e entre outros asuntos falamos tamén de libros, escoitamos as recomendacións literarias que para este mes de decembro nos deixa Susana González da Libraría Agrasar.
